MEDIO NATURAL

O proxecto mineiro de Corcoesto nace cun firme compromiso co medio natural no que se vai desenvolver. A mellor mostra deste compromiso e o Plan de Restauración, co que se pretende mellorar a área que acollerá a futura mina, situada maiormente nunha superficie forestal ocupada por piñeiros e eucaliptos.

No marco deste compromiso ambiental, Mineira de Corcoesto contactou con colectivos ecoloxistas e con expertos universitarios en diversas áreas para presentarlles o proxecto e convidalos a facer melloras que contribúan a converter a futura mina nun referente no eido ambiental.

Medio natural e minaría moderna

Avaliación de Impacto Ambiental

Plan de restauración

imgMedionatural