O PROXECTO MINEIRO

O xacemento de Corcoesto xa foi explotado a comezos do século XX pola compañía inglesa Sagasta Gold Mines LTD. Daquela explotación aínda se conservan numerosas galerías e pozos, a maioría deles pechados pola Xunta de Galicia en 1999 por motivos de seguridade.

A partir de 1918 e ata a actualidade, numerosas empresas realizaron labores mineiros en Corcoesto. As máis recentes foron feitas por Río Narcea Gold Mines e por Kimbauri, ata que, en 2010, a empresa Edgewater Exploration se fai propietaria da compañía que posúe os dereitos mineiros de Corcoesto e, ao tempo que desenvolve unha intensa campaña de sondaxes, comeza a deseñar o actual plan de explotación e de restauración da mina de Corcoesto.

O proxecto mineiro de Corcoesto sitúase nos concellos coruñeses de Cabana de Bergantiños, onde está localizado todo o mineral que se quere extraer, e Coristanco, onde se construirán o depósito de entullos e a balsa de lodos. Os dereitos mineiros Ciudad de Masma, Ciudad de Landró e Emilita ocupan unha superficie superior ás 700 hectáreas, pero a explotación mineira prevista non chega ás 500 hectáreas, nas que se traballará en diferentes fases, de xeito que nunca chegarán a estar a totalidade das hectáreas en operación.

Xeoloxía

Operación mineira

Tratamento

O ouro