DATOS ECONÓMICOS

A extracción do ouro non suporá beneficios unicamente para a empresa mineira. A xeración de emprego, o pagamento de impostos e a execución de medidas compensatorias repercutirán directamente na mellora da calidade de vida da poboación da zona.

Estímase que o proxecto mineiro de Corcoesto, cunha lei media de 1,73 gramos por tonelada, ten uns recursos explotables a ceo aberto que suman sobre un millón de onzas de ouro.

Para a posta en marcha do proxecto, Mineira de Corcoesto deberá facer un investimento inicial de 110 millóns de euros, aos que hai que sumar 502,5 millóns de euros en custos da mina; 153,5 millóns de euros en custos das instalacións de tratamento e 5 millóns de euros en gastos de restauración dos terreos. En total, o gasto da vida da mina ascende a máis de 770 millóns de euros. Ademais, Mineira de Corcoesto terá que pagar máis de 100 millóns de euros en impostos.

Os 271 postos de traballo directos previstos para a mina suporán un desembolso en salarios de máis de 8 millóns de euros ao ano.

imgDatosEconomicos