ACCIÓN SOCIAL

Mineira de Corcoesto S.L. implícase na mellora social da bisbarra e participa directamente no seu dinamismo e vitalidade.

ASPABER

A Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños (ASPABER) e a empresa asinaron no mes de xullo do ano 2012 un acordo de colaboración que contribúe a promover a inserción laboral dun colectivo con especiais dificultades para acceder ao emprego. Ao abeiro desa colaboración, ASPABER subminístralle á empresa caixas para gardar mineral.

CLUB DE FÚTBOL DE CORCOESTO

Mineira de Corcoesto é o patrocinador do club de fútbol de Corcoesto: colabora no seu financiamento e o equipo loce a imaxe da entidade patrocinadora na vestimenta dos xogadores e nos soportes publicitarios das súas instalacións.

EQUIPO DE ATLETISMO

O apoio ao deporte local inclúe tamén o patrocinio do equipo de atletismo Mineira de Corcoesto, que leva o nome da empresa mineira a competicións mesmo fóra de Galicia.

KARTCROSS

A empresa mineira apoia a participación de Sandra García, piloto de Kartcross de Ponteceso, nos campionatos nacional e galego desta modalidade.

img-social